Novedades
RESPONSABILIDADES DOS SOCIOS DUNHA SL
17.06.2013 21:11
Dereitos, obrigas, cal é a miña responsabilidade se teño participacións nunha Sociedade Limitada? Aquí tendes un resumo das responsabilidades do socio dunha SL. Agora, elaborade un cadro comparándoo coas responsabilidades dun accionista nunha SA.
PENDENTES DO CONSTITUCIONAL
10.04.2013 20:34
Neste artigo atopamos a decisión do Constitucional sobre o cómputo do periodo de carencia nas xubilacións dos traballadores a tempo parcial e completo. O Alto Tribunal considera discriminatorio o sistema que está agora en vigor. O INSS xa anunciou que vai modificar o sistema polo que, en breve,...
ACTUALIZACIÓN DOS DATOS DE DESEMPREGO
04.03.2013 19:05
Por primeira vez se supera a cifra de 5 millóns de desempregados -CINCO MILLÓNS DE PARADOS- nos Servizos Públicos de Emprego. Os datos reflicten como, unha vez máis, os mozos son os máis afectados. En Galicia xa se superan os 290.000 desempregados e todo isto a pesar da Reforma Laboral, tal e como...
NOVA REFORMA PARA A CONTRATACIÓN DE MOZ@S
22.02.2013 11:06
No Estado do Debate sobre a Nación que finalizou onte, 21 de febreiro, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou novas medidas para tentar fomentar a contratación de menores de 30 anos. Un resumo moi resumido das medidas é que se poderá contratar en prácticas a calquera mozo, pasaran os anos...
CANTO VALE O MEU CORPO
16.02.2013 17:58
Os ministerios de Emprego e Economía acaban de publicar no Boletín Oficial do Estado a actualización das indemnizacións por morte ou invalidez no caso de sufrir un accidente laboral. Nesta noticia tendes o resumo.
LACTANCIA PARA A NAI... E PARA O PAI
16.02.2013 13:12
Esta semana a Administración sorprendeunos ao recoñecer que o permiso de lactancia pode disfrutalo o pai aínda que a nai non estea traballando. É salientable esta noticia porque, por unha banda, foi a propia Administración a que sentou xurisprudencia e, por outra banda, porque se considera o...
DAQUELES LODOS...
21.01.2013 19:52
Sen consumo, ralentízase á actividade produtiva; sen produción, as empresas entran en crise; e de empresas en crise, traballadores no paro. Aquí tendes unha mostra máis da crise empresarial. E vén de lonxe...
PROTESTAS VARIAS
08.01.2013 11:11
Na defensa da Educación, os pais están dispoostos a calquera cousa. E, pra mostra... LE ISTO
A FRANQUICIA E O AUTOEMPREGO
02.12.2012 21:01
Desempregados, mulleres sen experiencia laboral, emprendedores... É o perfil do franquiciado. E cada vez máis a franquicia se convirta nunha opción para incorporarse ou reincorporarse ao mercado laboral. Nesta reportaxe da Revista Emprendedores tendes máis información.
QUE EDUCACIÓN QUEREMOS?
02.12.2012 19:25
Os cambios legais, pendentes dunha nova Lei Orgánica de Educación, a liberdade ou non de elixir centros, os recortes en prestacións como comedores ou transporte, o apoio aos centros concertados... Estas decisións marcan que tipo de Educación queremos para a sociedade. Indo aos extremos sería...