RISCOS LABORAIS
Despois de afundirse as plantas textís do Rana Plaza, en Bangladesh, moitas das empresas máis coñecidas de Europa anunciaron a súa intención de mellorar en seguridade laboral. Con esta noticia podemos traballar sobre dous bloques de contidos: Dereito Laboral e Prevención de Riscos. Así que aquí van unha serie de preguntas que vos poden guiar á hora de realizar un informe sobre a traxedia destas factorías textís:
A) DEREITO LABORAL.-
- O traballo nestas fábricas xa foi denunciado por varias ONGués. Buscade información sobre estas denuncias: en que condicións traballaban os operarios? Cantas horas de descanso tiñan? Cal era o seu salario? Facían horas extras? No seu caso, cantas? Disfrutaban das vacacións? Como era o sistema de sancións?
- Coas respostas anteriores, comparade co que marca a Organización Internacional do Traballo e a lexislación española.
B) PREVENCIÓN DE RISCOS.-
- Que factores de risco identificas no traballo destas fábricas?
- Que técnicas preventivas -de seguridade e hixiene, principalmente- poderías aplicar? Como?
- Que técnicas colectivas e de protección individual poderían empregarse?