QUE EDUCACIÓN QUEREMOS?
Os cambios legais, pendentes dunha nova Lei Orgánica de Educación, a liberdade ou non de elixir centros, os recortes en prestacións como comedores ou transporte, o apoio aos centros concertados... Estas decisións marcan que tipo de Educación queremos para a sociedade. Indo aos extremos sería debatir entre unha Educación que sexa un servizo, un medio para igualar oportunidades, ou unha Educación que se convirta nun negocio onde primen os criterios de rentabilidade económica. Sobre este tema se reflexiona neste artigo.