PERMISOS XORNADA LABORAL
Os que estades en periodo de recuperación, unha das actividades que tendes que presentar é, a partir deste artigo, elaborar un informe no que comparades, p.e., cunha táboa, que permisos contempla actualmente a lexislación laboral (tendes as referenzas lexislativas na pestana de Lexislación) e os cambios que propón a patronal.
Tamén ides comparar os requisitos, bases reguladoras, contía, pago e duración das prestacións por incapacidade temporal. As derivadas de accidente laboral, non laboral, enfermidade común e enfermidade profesional.