Á FOLGA

25.11.2012 21:48

Imos repasar o aprendido sobre o dereito á folga. Podemos servirnos deste anuncio (máis información neste artigo e tamén aquí). Agora, contestade:

1. Que tipo de dereito é a folga? Que tipo de norma debe desenvolver este dereito?

2. Cales son as partes en conflicto no caso da noticia?

3. Cal é a táboa reivindicativa da parte social?

4. Que requisitos hai que cumprir para poder convocar a folga? Como se fixo neste caso?

5. Quen e como se decretan os servizos mínimos? Que poden facer os representantes dos traballadores no caso de que non estean de acordo cos servizos mínimos decretados?

6. Como se desenvolve un proceso de negociación para resolver unha folga?