A FOLGA
A do 14N foi a segunda folga xeral convocada en España nos últimos 8 meses. Repasamos o que sabemos sobre o dereito a folga analizando estes artigos: este da Voz de Galicia; este, este e este do País; e un máis da Vanguardia.
Tendes que aplicar os vosos coñecementos e, despois de ler os artigos, contestade estas preguntas:
a) Quen pode convocar unha folga? Quen o fixo nesta ocasión?
b) Que requisitos hai que cumprir para que a folga sexa legal?
c) Que son os servizos mínimos? Como foron os decretados nesta situación?
d) Que reivindican os convocantes?
e) Que ocorre durante a folga? Quen negocia e como? Hai aquí unha negociación?