A EXPERIENCIA É UN GRAO!

19.12.2012 10:04

Ideas para montar un negocio innovador hai moitas, pero que funcionen... Requírese moito traballo, estudar o mercado, ver se existe un nicho cunha necesidade non satisfeita e atopar unha canle para chegar ao mercado. Examinade  esta idea  e contestade a estas preguntas:

- Cal é o produto central, o aumentado, o valor engadido e a utilidade que presentan estas empresarias?

- Aplicádelle a análise DAFO á idea.

- Tendes un test da idea, á desta empresa o supera?

- Que fonte de idea se utilizou aquí? Que outras fontes coñecedes?

- Extraede tres ideas de negocio -do voso sector- baseándovos en tres fontes xeradoras de ideas diferentes (tal como vimos na clase)