TODO FOL (o casi) EN BANKIA
Abride calquera xornal por calquera páxina que vos vai servir para repasar os contidos de Formación e Orientación Laboral. Por exemplo, na portada de Cinco Días lemos isto. Así que, a partir desta noticia, ides contestar ás seguintes preguntas:
- Que diferenza hai entre un sindicato de clase e un sindicato profesional?
- A nivel de empresa, cando se considera que un sindicato é representativo?
- Que sindicatos son representativos en Bankia? Deles, cales son de clase e cales profesionais?
- Que partes interveñen nunha negociación como a que se está a desenvolver neste caso? Cal é a táboa reivindicativa que presentan os sindicatos? E as propostas empresariais?
- De non chegar a un acordo, podería nomearse un árbitro, conciliador ou mediador? En que se diferenzan esas tres figuras?
- Que requisitos se teñen que cumprir para convocar unha folga? Que hai que cumprir no desenvolvemento da folga? Como afecta aos traballadores?
- Que medidas de flexibilidade laboral propón a entidade bancaria? Caberían dentro do marco da Lei 3/2012, do 6 de xullo, de Reforma do Mercado Laboral? Que outras medidas de flexibilidade laboral recolle esta mesma lei?