RE-ENTREVISTAS LABORAIS
Esquecédevos da idea da "típica" entrevista de traballo. Cada vez máis, as empresas buscan sorprender e examinar a capacidade de reacción dos candidatos a un posto de traballo. Así que poñédevos as pilas, lede estas recomendacións e pensade nunha entrevista laboral -para un posto de traballo do voso sector- na que se poña ao entrevistado nunha situación comprometida. Pensade ben cal é o voso obxectivo (p.e., saber como reaccionaría ante un cliente furioso), como ides plantexar a situación, que aspectos ides valorar e como. Tanto a situación como a resposta a estas cuestións enviádeas ao correo electrónico ou na resposta a esta actividade.