OS SINAIS
19.12.2012 18:16
Neste vídeo, Napo preséntavos a historia dos sinais. Despois de velo, ides facer un roteiro polo IES. Tendes que, sobre un plano, marcar os sinais de advertencia, seguridade, obrigación..., que atopedes. Clasificádeos e elaborade unha táboa onde se indiquen os diversos tipos de sinais e as características de cada un.