NEGOCIACIÓN E ERE
Repasamos o (agardo) aprendido a través destas dúas noticias:
1. Con esta publicada en Cinco Días tendes que repasar os contidos da unidade sobre representación sindical e negociación colectiva contestando ás seguintes preguntas.-
a) Quen participa no proceso de negociación? Que é un sindicato representativo? Que porcentaxes fan dun sindicato representativo?
b) Como se inicia e como se desenvolve un proceso negociador?
c) Cal é a táboa reivindicativa dos representantes dos traballadores? Cal é a proposta empresarial?
d) De non chegar a un acordo, que medidas de presión poderían adoptar os representantes dos traballadores ou os mesmos traballadores?
e) Que trámites hai que cumprir para ir a unha folga e durante a folga? Que consecuencias ten a folga para os traballadores?
2. E con esta noticia publicada en Expansión imos analizar que é un Expedente de Regulación de Emprego:
a) En que casos se pode iniciar un ERE?
b) Que razóns alega a empresa neste caso?
c) Cales son os trámites para iniciar un ERE?
d) Este caso sería un exemplo de despido colectivo? Por que? A partir de que límite se fala de despidos colectivos na Reforma Laboral?
e) Para os despidos, melloran ou igualan os límites marcados pola Reforma Laboral de 2012?