EMPRESAS "FLEXIBLES"

05.12.2012 18:47

A Lei 3/2012, de 6 de xullo, que modifica o mercado laboral aprobouse, segundo a ministra de Traballo, coa fin de dotar de instrumentos de flexibilidade ás empresas e evitar os despidos en época de crise. Os ERES multiplicáronse a pesar destas ferramentas que aumentan a mobilidade laboral. Aínda así, algunhas empresas esfórzanse por aplicar medidas de flexibilidade que eviten a caída da produtividade laboral. Tres delas foron recoñecidas nun acto onde tamén se presentou a III Guía de Boas Prácticas sobre Flexibilidade.

Agora, a traballar:

a) Identifica as boas prácticas "flexibles" polas que foron recoñecidas esas tres empresas.

b) Compáraas coas recollidas na III Guía de Boas Prácticas.

c) Que outras medidas de flexibilidade adoptarías nun negocio do teu sector profesional? Con que fin? Como as implementarías (que accións concretas)?

d) Busca na Lei 3/2012 outras medidas que se poden aplicar para aportar maior flexibilidade laboral e busca exemplos na prensa (podes utilizar www.codigocero.com/buscadores)

e) Xa por último -por fin, eh?- revisa aquí se estas medidas polas que foron premiadas as tres empresas poden incluirse dentro da Responsabilidade Social Corporativa. Xustifica a túa resposta.