EMPRENDEDORES SI, EMPRENDEDORES NON
As PEMES (pequenas e medianas empresas) son as principais impulsoras do emprego no noso país. Por iso, que a crise se cebe nelas ten unha dobre consecuencia: desaparece tecido empresarial e, loxicamente, isto fai aumentar o desemprego. Lede este artigo. Accedede ao informe de UXT e contestade ás seguintes preguntas:
a) Que porcentaxe de PEMES galegas presentaron un ERE despois da reforma laboral deste ano?
b) Cales son os tres sectores máis afectados en Galicia?
c) Que tipo de ERES se aplicaron? Que pasaría se a maioría foran de extinción de contratos; sería mellor ou peor para os traballadores? Por que?
d) Cales son os requisitos que contempla a Lei 3/2012, de 6 de xullo, de Reforma do Mercado Laboral para poder realizar un ERE?
Esta mesma semana, o Goberno anunciou un novo plan para favorecer a actividade emprendedora. Que medidas hai na Lei 3/2012 para fomentar a actividade emprendedora? Cres ti que son suficientes? Propón tres medidas máis que poderían facilitar a implantanción de novas empresas e facilitar que aparezan máis emprendedores no noso país.